Mercados de novembro

 

Os Mercados de novembro tiveron unha gran participación de público e expositores.

Dada as condicións invernais hai unha gran afluencia desde a apertura ata as 15,00h. decaendo polas tardes (ás 18,00h. é noite). Para remediar destinouse a unha persoa que reparta folletos do Mercado pola zona da Mariña/Parrote e rúa Real que son os viarios con maior afluencia de público. Cabe destacar que a hostalería da Praza España pecha á noitiña o que resta un aliciente para esa franxa horaria. Pola contra, ata o mediodía fíxosenos chegar que notan positivamente nos seus establecementos a presenza do Mercado.

Ademais dos produtores, catro novas tendas da cidade están presentes: Recuncho Verde, Casa Curtis, Vegay e Caricias de Algodón.

No Mercado do 20 de novembro, realizouse unha rifa dunha cesta onde os expositores achegaron un produto das súas casetas. Por cada compra as persoas recibían un número e ao final da tarde realizouse o sorteo (ao ser veciña da zona, á persoa agraciada entregóuselle a cesta ao finalizar o desmonte).

O Mercado mantén a súa senda de posicionamento e á data ten máis demanda de participación por parte de produtores de toda Galicia que oferta de postos.
follas-madera

#MercadoEcolóxico #Coruña #domingosaudables

 

Anuncios